María Puertas naceu e vive en Ourense. Artista plástica, ilustradora e filóloga.
Na actualidade compaxina a sua tarefa artística co ensino das materias de Artes Plásticas e Lingua Inglesa nun centro educativo da ciudade na que vive.
A súa traxectoria ao longo do anos, dende 1997, abarca diversas áreas no plano das artes no ámbito da pintura, o debuxo ou o gravado que consolidan a súa posición no espazo artístico. O seu traballo foi destacado en Certames, Concursos e Bienais con premios, seleccións e mencións honoríficas coma o » I Certame Internacional de Artes Plásticas da Deputación de Ourense»(2003), o 2°premio da «V Bienal do Eixo Atlántico»(2002) ou o «Premio de Ilustración infantil e xuvenil Pura e Dora Vázquez»(2006)
Participou activamente en Ferias de Arte nacionais e internacionais do prestixio de Estampa, Art Madrid ou ArteSantander coa a galerista Marisa Marimón e noutras no ámbito galego como Room Art Fair coa Galería Metro e numerosas mostras individuais ou colectivas en España e Portugal.
No plano da ilustración tamén destaca o traballo realizado para as escenografías e cataces das Xornadas da Animación á Lectura do Concello de Ourense entre o 2013 e 2015, outros cartaces de festas populares coma Os Maios no 2013 e 2014 e decoración de edificios públicos mediante murais e señalética gráfica no Centro de Coñecemento e Innovación La Molinera e na Praza de Abastos de A Ponte, ambos en Ourense (2016)